O noso alumno de 2º de Bacharelato, Diego Parada Burés, co seu relato «Os Océanos teñen voz», resultou gañador da modalidade «Lingua galega, categoría Xuvenil» na XI edición de Inspiraciencia, o certame de relatos breves de inspiración científica en castelán, catalán, euskera e galego que organiza a Delegación do CSIC en Cataluña en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción.
O acto de entrega de premios tivo lugar nunha gala presencial celebrada o …