Cabazas, personaxes misteriosos, disfraces terroríficos e moitas ganas de pasalo ben. No Liceo la Paz celebramos Samaín por todo o alto!
Aínda que hoxe Halloween é a celebración máis coñecida internacionalmente, Samaín ten raíces na tradición celta e está moi ligado á cultura galega. Ambas festas comparten moitos elementos: a chegada do outono, a lembranza dos defuntos, as cabazas, os disfraces e ese ambiente misterioso no que os sustos e as gargalladas van da man.
O seu nome procede do irlandés Samhainn, que significa «fin do verano». Para os antigos pobos celtas, esta festividade marcaba o final da época das colleitas e o comezo da metade máis escura do ano: o inverno. Era un momento de transición ó que se asociaban relatos e crenzas sobre o mundo dos vivos e o dos espíritos.
Coa fin do paso dos séculos, estas celebracións conviviron coas festividades cristiás de Tódolos Santos, o 1 de novembro, e os Fieis Defuntos, o día 2. Da expresión inglesa All Hallows’Eve (véspera de tódolos santos), procede o nome de Halloween. A celebración actual tamén recibiu unha importante influencia das tradicións irlandesas e escocesas que chegaron a América coa emigración.
En Galicia, o Samaín forma parte da recuperación e posta en valor das nosas tradicións populares, con elementos tan recoñecibles como as cabazas, os contos de medo e das historias de ánimas.
No noso colexio quixemos disfrutar desta tradición cunha semana chea de actividades. O alumnado de Infantil e Primaria veu cos seus disfraces mais orixinais, e participaron en diferentes xogos, convertindo o día nunha ocasión para compartir, divertirse e deixar voar a imaxinación. Incluso os traballadores do centro (docentes e non docentes), sumáronse á festa cos seus disfraces de medo.
Ata o próximo Samaín… se vos atrevedes!









































































































