Cando os golfiños empezaron o cole, Jacobo Garrido Brun xa rematara os seus estudios de Bacharelato e nadaba nas augas das grandes competicións internacionais. Pero a súa conexión coa que foi a súa casa durante 15 anos continúa firme, e cando se enterou de que os golfiños conmemoraban o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, non dubidou un segundo en mandarlles unha mensaxe persoalizada.
Neste día, os nenos aprenderon que hai que respectar, apoiar e convivir con tódalas persoas, independientemente das súas capacidades; a través de contos, xogos e actividades lúdicas, aprenderon o valor da inclusión e a empatía.
Convertiron o 3 de decembro unha xornada que sementou nos máis …