1º de ESO en el rocódromo

Durante el mes de mayo, los alumnos y alumnas de 1º de ESO realizaron una actividad complementaria para la asignatura de Educación Física que desarrollaba las actividades en el medio natural, presentes en el currículum de esta materia.

Era la primera vez que acudíamos a experimentar una de las disciplinas más completas relacionada con estas actividades deportivas: la escalada. No hubo nadie que no lo diese todo por conseguir llegar a lo más alto de las vías del rocódromo de Riazor, donde realizamos la actividad. Algunos lo consiguieron y otros no, eso es lo de menos; lo que cuenta es el esfuerzo, las ganas de superarse y la motivación puestas en ello.

Quizás en un futuro podremos ver a alguno de nuestros jóvenes escaladores en las noticias, en la cima del Capitán, como en su día salieron Fausto y Finuco (precursores de AMI, agrupación que organizó esta actividad y a quienes damos las gracias) o puede que sobre el mismo Everest… Si se lo proponen, podrán. De momento nos quedamos con la vivencia y el recuerdo de esta gran experiencia. ¡Bravo chicos!

Seguir leyendo

Olimpiada matemática

El jueves 26 de mayo nos desplazamos a Lugo, donde nuestro alumno de 2º de ESO Pablo Fernández Parada participó en la fase final de las Olimpiadas Matemáticas organizadas por AGAPEMA, tras su clasificación en la fase de zona.

Tras la realización de la prueba, y después de una comida de confraternización, participamos en una gimkana matemática por equipos. Aunque no hubo suerte a la hora de la clasificación para la fase nacional, el equipo de Pablo logró un segundo puesto en la gimkana.

El acto de clausura tuvo lugar en el pazo de San Marcos y estuvo presidida por la vicepresidenta de la Diputación de Lugo, Tareixa A. Ferreiro Tallón.

¡Una experiencia muy enriquecedora!

Seguir leyendo

Día das Letras Galegas

O pasado 13 de maio, para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Departamento de Lingua Galega e o  Departamento de Música levaron ao alumnado de 3º de ESO ao salón de actos do Centro para cantar o himno galego. Como público, acudiron os alumnos e alumnas de 1º de Primaria.

Os alumnos/as de 3º repartironse en dous grupos: primeiro cantaron conxuntamente 3ºB e 3ºD, cunha presentación feita por Noa e Silvia, que explicaron aos pequerrechos que estabamos celebrando, de quen era o himno… Posteriormente, 3ºC fixo a súa interpretación en solitario; neste caso, a presentación previa correu a cargo de Luís e Iago.

Grazas a todos pola vosa asistencia e colaboración.

Seguir leyendo

Charlas Programa Agente Tutor

La semana pasada, nuestro alumnado de ESO asistió en el Salón de Actos de Bachillerato a varias charlas del Programa Agente Tutor.

El Programa Agente Tutor es un servicio de la Policía Local especializado en la promoción del respeto a los derechos de la infancia, por lo que su intervención se concentra en el ámbito de la protección del menor y la prevención en el entorno escolar.

Además, tiene como objetivo mejorar la convivencia en el entorno escolar, con especial atención a los asuntos que más preocupan a los padres y a la comunidad educativa, como el absentismo o el acoso escolar y el consumo de drogas y alcohol.

Seguir leyendo

Inmersión lingüística en Dublín 2022

«Se podo chegar ao corazón de Dublín, podo chegar ao corazón de todas as cidades do mundo» (James Joyce)

James Joyce, Oscar Wilde ou Jonathan Swift foron grandes clásicos da literatura irlandesa que naceron en Dublín, cidade na que pasaron unha semana os nosos estudantes do Liceo la Paz da man de Language Kingdom, axencia especializada neste tipo de inmersións.

Fai uns días, os nosos estudantes voltaron da súa inmersión lingüística na cidade de Dublín. Durante o tempo na cidade, fixeron actividades dinámicas relacionadas coa lingua e coa cultura irlandesa, ademais de asistir a clases interactivas de inglés. Todos eles quedaron con familias anfitrioas que acolleron aos nosos nenos/as cos que compartiron almorzos e ceas, mentres intercambiaban aspectos da cultura irlandesa, galega e española.

Día 1:
Despois dunha longa viaxe, chegamos a Dublín e reunímonos coas nosas familias anfitrioas para coñecernos e compartir a primeira cea.

Día 2:
Fixemos un percorrido pola cidade, coñecendo os puntos máis emblemáticos, como Trinity College, Grafton Street ou a zona do Temple Bar. Despois do percorrido, degustamos o noso “pack lunch” na zona peonil de Grafton Street e St Stephen’s Green Park. Pola tarde, asistimos ás clases de inglés e pasamos un bo rato co xogo de “Selfie Kontest” onde tiñamos que interactuar cos viandantes da cidade para conseguir as mellores fotos. O grupo coas mellores imaxes gañaría un premio.

Día 3:
Da man do noso guía, dirixímonos ao Trinity College, onde nos explicaron moitísimas curiosidades sobre este lugar tan emblemático, como a súa historia ou escritores importantes que estudaron aquí, como Bram Stoker ou Oscar Wilde. Tanto lles gustou a visita ao Trinity College que un grupo de estudantes decidiu, no seu tempo libre, visitar a famosa biblioteca, que parece o Gran Comedor da serie de películas de Harry Potter. Asistimos ás nosas clases e despois tivemos tempo para relaxarnos o resto da tarde coas nosas familias anfitrioas.

Día 4:
Ao día seguinte pola mañá, visitamos os arredores da Catedral de San Patricio antes de chegar ao museo de Dublinia, onde descubrimos a historia dos Viquingos na cidade con actividades interactivas e incluso puidemos probar disfraces de viquingos e da Idade Media! Despois de asistir ás clases de inglés habituais, fomos a un típico pub irlandés, onde nos esperaban dous músicos e unha bailarina profesional de baile irlandés. Puidemos gozar dun marabilloso espectáculo en directo e aprender os pasos principais do “Irish Dancing”.

Día 5:
Pola mañá do día 5, xuntámonos todos no centro da cidade para realizar unha divertida actividade, o “Treasure Hunt” ou a Procura do Tesouro, que consistía en ir buscando unha serie de pistas por St Stephen’s Green e as rúas peonís da cidade para coñecelas un pouco máis. O grupo que máis pistas obtivera, tería un premio. Despois de asistir a clase, despedímonos dos nosos profesores nativos de Dublín.

Día 6:
Ao día seguinte collemos o tren cara o pobo pesqueiro de Howth. Alí realizamos unha ruta de sendeirismo, onde admiramos unhas paisaxes marabillosas, con acantilados escarpados, mar e montañas. Despois do percorrido, que durou unhas horas, volvemos ao pobo de Howth para repoñer forzas e coller o tren de volta para Dublín. Sería a nosa última noite coas familias anfitrioas en Dublín.

Día 7:
E finalmente chegou o día de rematar esta experiencia inesquecible. Pola maña puidemos xogar cunha actividade no Phoenix Park, o parque urbano máis grande de Europa. Durante a mañá tivemos tempo de percorrer o parque e ata de ver cervos correndo polo prado! Algúns dos nosos estudantes incluso arrendaron bicicletas para poder facer un maior percorrido. Ao mediodía, volvemos para o centro da cidade, onde tivemos tempo de facer as últimas compras na cidade antes de comezar a viaxe de volta a casa.

Foi unha experiencia incrible. Tivemos oportunidade de practicar a lingua inglesa, así como aprender sobre a cultura irlandesa. Unha viaxe para repetir!

Seguir leyendo

Descubrindo o Alemán

O alumnado de 4º de ESO da asignatura de Alemán e a Escuela de Idiomas ESID Liceo participaron no ciclo de conferencias «Descubrindo o Alemán», na la Facultad de Filoloxía da Universidade da Coruña.

Asistiron o día 3 de maio ás ponencias da Dra. Mª José Corvo Sánchez «O alemán e o español en contraste aos ollos de estudantes principiantes» e a Dra. Mª Jesús Barsanti Vigo «O alemán ao teléfono», onde os nosos alumnos non só repasaron conceptos básicos do alemán aprendidos na clase, senon que ademais puideron ver outro punto de vista distinto ó da sua profesora habitual, sentíronse adultos e comezaron o seu primeiro contacto ca universidade.

O último día de conferencias, martes 10 de maio, os alumnos/as de 3º de ESO participaron na conferencia do cadeirádego Prof. Victor Millet Schröder titulada «Por que o alemán é como é e tamén os alemáns teñen problemas con el?». Ca súa acostumada elocuencia para expresar e explicar de xeito impecable todo o relacionado co mundo alemán, este profesor e persoa admirable non deixou indiferente a ninguén dos mais de 70 asistentes a este magnífico ciclo de conferencias «Descubrindo o alemán», organizado extraordinariamente pola Dra. Elena Martín-Cancela.

Queremos agradecer persoalmente a Elena por darnos a oportunidade de gozar e poder aprender desde outros puntos de vista o idioma alemán. Agardamos que cada ano poidamos asistir e vivir o ambiente universitario.

Unha nova e gran vivencia!

Seguir leyendo