Día das Letras Galegas en 5º de Infantil

Bicos, ledicia, mecosa, avoa, raíña, muller, terra, agarimo, … foron algunhas das palabras que as nenas e os nenos de quinto de Educación Infantil escolleron para a nosa proposta «Sementando Galego”. A nosa lingua somos nós, e no Día das Letras Galegas que mellor que traballar as fermosas palabras do noso idioma na aula. Cada rapaz/a trouxo unha tarxeta, coa súa palabra escollida, e presentoulla ao resto do alumnado. Co bonitas que quedaron decidimos cubrir uns recunchos do noso corredor, mirade que xeitoso:

Como ben sabedes, o 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega, que chega á súa 60ª edición homenaxeando ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Polo que, nas nosas aulas decidimos coñecer moi ben a súa historia de vida. “Don Paco” chegou aos nosos corazóns.

Por último, para celebrar a festa da nosa lingua, tivemos unha merendola con produtos da nosa terra: queixo, chourizo e empanada. Estaba todo delicioso! E despois de poñer a barriga ben contenta, divertímonos bailando, xa que temos algúns compañeiros moi expertos na Muiñeira, que nos deron unhas clases de como perfeccionar os nosos pasos.

Foi un día moi especial!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *