O Día das Letras Galegas en Infantil

Rosa e Adolfina Casás, as pandeireteiras de Mens, xunto con Eva Castiñeira, representan as mulleres que manteñen viva a nosa tradición. Son o pasado, o presente e o futuro da nosa música popular. A súa presenza emociona e inspiran a seguir tocando e celebrando o que somos.

O Día das Letras Galegas foi especial para o alumnado de Infantil, que puido presenciar o ben que tocan os alumnos de pandeireta, que interpretaron o “Pasodoble de Cortellas”, que ensaiaron con moito agarimo con Nekane Louzao e Ana Fernández.

Tamén gozaron bailando a interpretación do xogo popular “O lambonciño”, que fixo rir e bailar a todos os nenos e nenas.

Pola tarde rematamos cunha romaría comendo: empanada, chourizo, queixo, marmelo, larpeira… Estaba todo boísimo!

Neste mes de maio, tamén recibimos a visita dalgúns familiares que compartiron con nós como se tocan instrumentos tradicionais galegos e incluso algún atreviuse a cantar.

A tradición está viva… e seguirá viva mentres a compartamos xuntos.

Seguir leyendo

II Festival das Letras Galegas

O 15 de maio pola mañá celebrouse o II Festival das Letras Galegas, o acto estrela dentro da celebración da Semana das Letras Galegas 2024. No festival participaron alumnos dos catro cursos de ESO e algúns de 1º de Bacharelato.

Durante máis de hora e media de espectáculo, que iniciou e rematou co himno galego acompañado da música propiciada por instrumentos como trompeta, baixo, violín e piano; os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, como público asistente, escoitaron a recitación de poemas de Luísa Villalta, Rosalía de Castro e a letra dunha canción do grupo Ulex, unha actuación do Mago Luis, que soubo meterse á rapazada nos petos e gran variedade de actuacións musicais acompañañadas en moitos casos de baile tradicional e pandeiretas (maxestuosas as tres ou coreografías adaptadas).

A interpretación de cancións de Tanxugueiras (“Terra”, “Aire”), Fillas de Cassandra (“Eco”), Baiuca (“Morriña)”, Verto (“Muiñeira de Chantada”), Luar na lubre (“Chove en Santiago”), Brais das Hortas (“Santa Compaña 2.0”), Andrés Dobarro (“O tren”) ou a popular “Ondiñas veñen” encheron o salón de actos do centro dunha festa homenaxe á lingua galega e a súa cultura.

Pola tarde a Banda de Música do CAMP Liceo La Paz ofreciu un concerto a tódolos nenos e nenas de Infantil e Primaria que contou coa colaboración das actividades extraescolares de Baile e Música Tradicional e Pandeireta. Disfrutamos dunha sesión de música e baile

Dende o EDLG do centro e o Departamento de Lingua Galega queremos agradecer a todos os alumnos participantes a súa entrega e dedicación ao festival, así como a inestimable colaboración do Departamento de Música de ESO, pois a boa man de Raquel Iglesias, na preparación e posta en escena da maior parte das actuacións musicais, e a trompeta do profesor Wilson Ortega fixéronse notar e aportaron calidade ao espectáculo que xa en moitos casos estaba xa conseguida. Tamén queremos agradecer á profesora Mónica Naveira o préstamo dos traxes tradicionais ás nosas bailarinas de 2º ESO.

Parabéns a todas e todos os participantes nesta edición!

Desde este momento, aínda cos ecos nos nosos oídos das actuacións apenas escoitadas e visionadas, toca pensar na próxima edición do festival.

 

Seguir leyendo

Homenaxe a Francisco Fernández del Riego

A pasada semana os nenos e nenas de Primaria homenaxearon a Francisco Fernández del Riego, autor ó que se lle dedica este 2023 o Día das Letras Galegas. Importante por toda a súa labor na nosa lingua.

O alumnado traballou nos seus cadernos, fixo proxectos e exposicións, manualidades…

Ademáis, os mais pequenos e pequenas de Primaria acudiron ao salón de actos do colexio para desfrutar dunhas actuacións en lingua galega por parte dos alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato.

Seguir leyendo

Día das Letras Galegas en 5º de Infantil

Bicos, ledicia, mecosa, avoa, raíña, muller, terra, agarimo, … foron algunhas das palabras que as nenas e os nenos de quinto de Educación Infantil escolleron para a nosa proposta «Sementando Galego”. A nosa lingua somos nós, e no Día das Letras Galegas que mellor que traballar as fermosas palabras do noso idioma na aula. Cada rapaz/a trouxo unha tarxeta, coa súa palabra escollida, e presentoulla ao resto do alumnado. Co bonitas que quedaron decidimos cubrir uns recunchos do noso corredor, mirade que xeitoso:

Como ben sabedes, o 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega, que chega á súa 60ª edición homenaxeando ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Polo que, nas nosas aulas decidimos coñecer moi ben a súa historia de vida. “Don Paco” chegou aos nosos corazóns.

Por último, para celebrar a festa da nosa lingua, tivemos unha merendola con produtos da nosa terra: queixo, chourizo e empanada. Estaba todo delicioso! E despois de poñer a barriga ben contenta, divertímonos bailando, xa que temos algúns compañeiros moi expertos na Muiñeira, que nos deron unhas clases de como perfeccionar os nosos pasos.

Foi un día moi especial!

Seguir leyendo

Festival das Letras Galegas 2023

O 16 de maio celebramos un Festival para festexar o día grande das Letras Galegas. Diante dun público entregado e colaborador, alumnos e alumnas de ESO e de Bacharelato subiron ao escenario para aportar o seu gran na celebración desta efeméride. Cancións variadas como “Corpiño xeitoso”, “Pousa, Pousa”, “Peixiños do mar”, “Ai vén o maio, maíño, maiolo”; música en directo para interpretar “Se chove, que chova!” e “O son do ar”, lecturas de poemas, breve semblanza de Francisco Fernández del Riego, un número de maxia e unha sorprendente actuación de beat box foron aplaudidas polos asistentes, todos eles alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Primaria.

O acto inciouse e pechouse co himno galego, cantado polos alumnos de 3º de ESO, acompañados ao piano por Marga Fontela e á trompeta por Wilson Ortega, ambos os dous profesores de Música no Centro. O grito de “pase de ouro” foi coreado repetidas veces.

O Departamento de Lingua Galega e Literatura quere agradecer o esforzo de todos os que colaboraron na boa realización deste acto, desde os alumnos participantes, pasando polo departamento de Música e o de Comunicación e rematando co marabilloso público asistente e o seu profesorado.

Satisfeitos do resultado, xa estamos pensando nunha segunda edición deste festival!

Seguir leyendo

Día das Letras Galegas en 4º de Infantil

Para celebrar o Día das Letras Galegas cos máis pequenos do cole, asistimos á representación dun contacontos “Os petos de Loreto”, caracterizado por profes do nivel.

A función tivo lugar no salón de actos, un lugar que os peques aínda non coñecían, polo que foi toda unha novidade. Unha vez alí, enseguida participaron, riron e animaron a “Loreto” a seguir sacando cousas dos seus petos.

En Asamblea falamos desta conmemoración, a quén se adica este ano e qué representa para os galegos.

Rematamos o día facendo unha merendola con productos galegos: empanada, pan, queixo e chourizo que degustaron ó ritmo da música galega.

Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra desta celebración.

Seguir leyendo