O noso reto diario

Aquí estamos, tentando adaptarnos a unha situación que nos pillou a todos por sorpresa.

Despois dos nervios iniciais, imos organizando semanalmente o traballo para que o alumnado poida ir facendo as actividades con calma. Non cremos que a angustia leve a nada bo.

Tomamos esta situación como un reto. Nin que dicir ten que botamos de menos os alumnos e alumnas, ese trato directo que tantas veces nos fai sorrir. Pensamos en eles e desexamos que todo lles vaia ben.

Cos compañeiros de departamento organizamos as actividades e contidos, usando varias ferramentas virtuais: Moodle, Aula 1, correo electrónico…

Son varios os cursos nos que estamos traballando cada día:

  • En 1º de ESO, en Lengua, acabaremos hoxe unha parte de ortografía e comezaremos co verbo.
  • En 2º de ESO, en Lingua Galega, acabamos hoxe verbos irregulares e seguimos traballando coa guía de lectura de «Cando Petan na Porta pola Noite».
  • En 3º de ESO, en Lingua Galega acabamos hoxe verbos irregulares, e a próxima semana veremos perífrases verbais e o alumnado fará un diario das súas impresións sobre a situación que está vivindo. En Lengua revisamos análise sintáctica e comezaremos coa literatura do Barroco.
  • En 1º de Bacharelato repasamos materia xa vista e comezamos coa literatura do XIX.
  • Finalmente, en 2º de Bacharelato, estamos traballando morfoloxía e corrixindo os comentarios críticos que van enviando.

Gustarianos dicir ós nosos nenos e nenas que tomen as cousas con calma, e que garden a bo racaudo todo canto esta experiencia lles aporte, porque non cabe dúbida de que esta situación será unha aprendizaxe para todos.

Unha aperta virtual!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *