Proxecto Axencia de Viaxes

Durante a segunda avaliación, os alumnos e alumnas de 1º de ESO realizaron un proxecto interdisciplinar entre galego, matemáticas, bioloxía e xeografía, onde, en grupos de 3, prepararon unha viaxe para dúas persoas a diferentes destinos ao gusto da clienta Ana Aguiar.

Tiñan as datas marcadas e moitas gañas de satisfacer á súa clienta.

Os traballos foron maravillosos e coma siempre superando expectativas.

 

Continue Reading

O noso reto diario

Aquí estamos, tentando adaptarnos a unha situación que nos pillou a todos por sorpresa.

Despois dos nervios iniciais, imos organizando semanalmente o traballo para que o alumnado poida ir facendo as actividades con calma. Non cremos que a angustia leve a nada bo.

Tomamos esta situación como un reto. Nin que dicir ten que botamos de menos os alumnos e alumnas, ese trato directo que tantas veces nos fai sorrir. Pensamos en eles e desexamos que todo lles vaia ben.

Cos compañeiros de departamento organizamos as actividades e contidos, usando varias ferramentas virtuais: Moodle, Aula 1, correo electrónico…

Son varios os cursos nos que estamos traballando cada día:

  • En 1º
Continue Reading

4º de ESO na Real Academia Galega e na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

Durante o mes de decembro 4º de ESO visitou a sede da Real Academia Galega e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.

Na Real Academia o alumnado coñeceu un pouco a historia desta institución, así como algunhas das súas funcións elementais, como elaboración de dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas…

Na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán fíxose fincapé na importancia desta escritora no contexto da literatura do século XIX (Realismo e Naturalismo) e destacáronse diversos trazos da súa biografía e da súa personalidade.

Continue Reading