O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto …
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Así di o poema de Curros Enríquez e, efectivamente, tamén chegou onte o maio ao Liceo. Chegaron os maios, chegaron as flores e con elas a alegría da primavera.
A tradición dos Maios permanece ao longo dos anos en diferentes vilas e cidades galegas. Nas súas orixes estaba ligada ao ciclo agrario, e segue mantendo o sentido de celebración da aparición da vexetación e da floración.
A estrutura do maio está feita con varas de vimbio, recuberta con fiúncho, xestas, espadanas, etc, …