Exhibición de baile e pandeireta tradicional

O pasado mércores o salón de actos convertiuse nun torreiro coa nosa exhibición de baile tradicional e pandeireta.

Durante a actuación, os nenos e nenas interpretaron diferentes pezas da nosa tradición cultural, combinando o ritmo da pandeireta cos pasos característicos do baile galego. O público puido apreciar o esforzo, a dedicación e a ilusión que o alumnado puxo en cada ensaio para preparar esta mostra.

Esta actividade non só permite desenvolver habilidades musicais e motrices, senón que tamén contribúe a coñecer, valorar e conservar o noso patrimonio cultural. A través da música e do baile tradicional, os rapaces e rapazas achéganse ás raíces da nosa terra e manteñen vivas costumes que forman parte da nosa identidade.

Queremos felicitar a todo o alumnado participante polo excelente traballo realizado, así como agradecer ás persoas responsables da actividade a súa dedicación e compromiso ao longo de todo o curso.

Parabéns a todos e todas por esta magnífica exhibición que nos fixo desfrutar da riqueza da cultura tradicional galega!

 

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *