Exhibición de baile e pandeireta tradicional

O pasado mércores o salón de actos convertiuse nun torreiro coa nosa exhibición de baile tradicional e pandeireta.

Durante a actuación, os nenos e nenas interpretaron diferentes pezas da nosa tradición cultural, combinando o ritmo da pandeireta cos pasos característicos do baile galego. O público puido apreciar o esforzo, a dedicación e a ilusión que o alumnado puxo en cada ensaio para preparar esta mostra.

Esta actividade non só permite desenvolver habilidades musicais e motrices, senón que tamén contribúe a coñecer, valorar e conservar o noso patrimonio cultural. A través da música e do baile tradicional, os rapaces e rapazas achéganse ás raíces da nosa terra e manteñen vivas costumes que forman parte da nosa identidade.

Queremos felicitar a todo o alumnado participante polo excelente traballo realizado, así como agradecer ás persoas responsables da actividade a súa dedicación e compromiso ao longo de todo o curso.

Parabéns a todos e todas por esta magnífica exhibición que nos fixo desfrutar da riqueza da cultura tradicional galega!

 

Seguir leyendo

Fin de curso Baile Tradicional e Pandeireta

Onte xoves 6 de xuño celebrouse a actuación Fin de Curso das actividades de música tradicional; as nosas nenas e nenos fixeron gozar ó publico asistente co seu repertorio de danzas e cancións populares, acompañadas por dous dos instrumentos máis representativos do folclore galego, a gaita e a pandeireta.

No Liceo La Paz procuramos manter nesta actividade, unha das actividades máis lonxevas do Círculo, o interese polo noso rico patrimonio musical.

Seguir leyendo