O Entroido galego no Liceo

O Entroido é unha das celebracións máis importantes en Galicia, e tamén desde o Liceo quixemos festexar estes días con disfraces, bailes, música…e distintos traballos realizados polos alumno/as que, coas súas investigacións, achegáronnos diferentes xeitos de celebrar o Entroido na nosa comunidade.

Foron recollidas un surtido número de celebracións. Quizáis as máis rechamantes sexan as que teñen lugar no denominado Triángulo Máxico de Ourense, composto polas localidades de Xinzo de Limia, Verín e Laza.

O entroido de Xinzo de Limia é Festa de Interese Turístico Internacional. As «pantallas» percorren as rúas coas vexigas de vaca en procura de xente sen disfrazar; se o atopado é home, deberá pagar unha rolda; se é muller, bailarán con ela. O entroido de Xinzo dura 5 semanas.

O «cigarrón» é o personaxe típico do entroido de Verín. Levan unhas espléndidas máscaras e un peculiar traxe que pode pesar 25kg. Percorren as rúas cun látego para manter a orde nas festas. O entroido de Verín é Festa de Interese Turístico Nacional

Os «peliqueiros» de Laza son moi semellantes aos cigarróns. Danlles lategazos a todos aqueles que se atrevan a saír á rúa sen disfrazar.

Tamén nos deron a coñecer outros personaxes como os «momados» de Pontedeume, os «xenerais» da Ulla, os «osos» de Salcedo e os «boteiros» de Vilariño de Conso.

Grazas e parabéns a todos polas súas composicións!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *