Volvemos á prehistoria

O pasado mes de decembro tivemos a visita de 3 arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro para compartir coñecementos cos alumnos e alumnas de 1º de ESO. Na asignatura de Xeografía e Historia dedicamos todo o mes ao estudo da Prehistoria, e gracias á visita puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos que se utilizaban nese período da historia e intentar facer lume cun arco. Qué difícil!

«Creo que morreríamos de fame e frío. Faltábanos paciencia e práctica. Se non nos demostrase un dos arqueólogos que era posible, non sei se o creeriamos».

Foi un día diferente, e repartiron unha entrada gratuita para que foramos visitalos a Campo Lameiro, onde hai a maior colección de petróglifos de Galicia. Esperamos que algún alumno se anime a ir!

Posteriormente, os alumnos de 1º ESO, seguindo as instruccións das profes de Plástica e Xeografía e Historia, tiveron como reto pintar coma no Paleolítico. Utilizando carboncillo e pintura de dedos, e seguindo modelos da época, pintaron símbolos, siluetas de mans, animais, escenas de caza…

Os resultados foron excelentes e, tras unha selección dos que máis se aproximaban á época, preparamos unha réplica dunha cova na entrada de Secretaría que todos podemos admirar.

Tamén visitamos ós nenos e nenas de Infantil para contarlles cómo se vivía naquela época, qué ferramentas usabamos, como nos vestiamos, como cociñabamos… Aprenderon moito grandes e pequenos!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *