Diego Parada, gañador no Inspiraciencia

O noso alumno de 2º de Bacharelato, Diego Parada Burés, co seu relato «Os Océanos teñen voz», resultou gañador da modalidade «Lingua galega, categoría Xuvenil» na XI edición de Inspiraciencia, o certame de relatos breves de inspiración científica en castelán, catalán, euskera e galego que organiza a Delegación do CSIC en Cataluña en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción.

O acto de entrega de premios tivo lugar nunha gala presencial celebrada o pasado 10 de setembro no Palacio da Aljafería, en Zaragoza.

Nesta ligazón, na opción de Relatos Premiados en Galego, Premio Institucional Joven, pódese ler o traballo de Diego, «Os océanos teñen voz», e a continuación tedes o vídeo no que explica a súa motivación para participar no certame:

Parabéns Diego!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *