Diego Parada, finalista no Inspiraciencia

O noso alumno de 1º de Bacharelato, Diego Parada Burés, co seu relato «As Cores», resultou finalista da modalidade «Galego Joven» na X edición de Inspiraciencia, o certame de relatos breves de inspiración científica promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas a través da súa Delegación en Cataluña, e que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Esta iniciativa busca relacionar ciencia e escritura, pensar e imaxinar a ciencia dende a ficción.

O acto de entrega de premios tivo lugar en formato virtual dende a Residencia de Investigadores de Barcelona o pasado venres 13 de novembro.

Nesta ligazón, na opción de Relatos Premiados en Galego, pódese ler o traballo de Diego, «As cores», e a continuación tedes o vídeo no que explica a súa motivación e anima a participar no certame:

Parabéns Diego!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *