Con motivo da conmemoración o día 8 de marzo do Día Internacional da Muller, os nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO trataron o tema das mulleres en Galicia na titoría desa semana. Ademais, en febreiro, a editorial Galaxia publicou o ensaio «Mulleres que (nos) dan que pensar» de África López Souto, escritora e mestra de A Coruña, que trata de visibilizar «Mulleres Galegas» de tódolos sectores da sociedade.
Neste contexto, un grupo do profesorado do noso Centro preparou unha exposición con 18 protagonistas galegas para traballar nas súas aulas. Dividímolas entre os diferentes grupos de 1º de ESO e nos adicamos eses días a coñecelas e comentar …