8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Con motivo da conmemoración o día 8 de marzo do Día Internacional da Muller, os nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO trataron o tema das mulleres en Galicia na titoría desa semana. Ademais, en febreiro, a editorial Galaxia publicou o ensaio «Mulleres que (nos) dan que pensar» de África López Souto, escritora e mestra de A Coruña, que trata de visibilizar «Mulleres Galegas» de tódolos sectores da sociedade.

Neste contexto, un grupo do profesorado do noso Centro preparou unha exposición con 18 protagonistas galegas para traballar nas súas aulas. Dividímolas entre os diferentes grupos de 1º de ESO e nos adicamos eses días a coñecelas e comentar sobre a súa vida. O venres 6 de marzo preparamos unha exposición no pasillo da planta baixa do edificio de ESO para que tódolos alumnos e alumnas do centro poidan coñecelas: Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, María Soliño, Julia Minguillón…

«Só a lembranza de onde veño, me axuda a saber cara onde vou»
Rosalía de Castro

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *