Aquí estamos, tentando adaptarnos a unha situación que nos pillou a todos por sorpresa.
Despois dos nervios iniciais, imos organizando semanalmente o traballo para que o alumnado poida ir facendo as actividades con calma. Non cremos que a angustia leve a nada bo.
Tomamos esta situación como un reto. Nin que dicir ten que botamos de menos os alumnos e alumnas, ese trato directo que tantas veces nos fai sorrir. Pensamos en eles e desexamos que todo lles vaia ben.
Cos compañeiros de departamento organizamos as actividades e contidos, usando varias ferramentas virtuais: Moodle, Aula 1, correo electrónico…
Son varios os cursos nos que estamos traballando cada día:
- En 1º de ESO, en Lengua, acabaremos hoxe unha parte de ortografía e comezaremos co verbo.
- En 2º de ESO, en Lingua Galega, acabamos hoxe verbos irregulares e seguimos traballando coa guía de lectura de «Cando Petan na Porta pola Noite».
- En 3º de ESO, en Lingua Galega acabamos hoxe verbos irregulares, e a próxima semana veremos perífrases verbais e o alumnado fará un diario das súas impresións sobre a situación que está vivindo. En Lengua revisamos análise sintáctica e comezaremos coa literatura do Barroco.
- En 1º de Bacharelato repasamos materia xa vista e comezamos coa literatura do XIX.
- Finalmente, en 2º de Bacharelato, estamos traballando morfoloxía e corrixindo os comentarios críticos que van enviando.
Gustarianos dicir ós nosos nenos e nenas que tomen as cousas con calma, e que garden a bo racaudo todo canto esta experiencia lles aporte, porque non cabe dúbida de que esta situación será unha aprendizaxe para todos.
Unha aperta virtual!
Departamento de Lengua Castellana e Lingua Galega.