Visita á Granxa Escola Belelle

A semana pasada, os nosos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil realizaron unha saída á Granxa Escola Belelle, onde gozaron dunha agradable xornada ao sol e ao aire libre.

Alí realizaron diferentes obradoiros: montaron en poni, fixeron pan, cultivaron na horta e observaron diferentes animais, dende un pavo ata un dromedario!

Neste día tan especial, divertíronse e conviviron cos seus compañeiros nun ambiente distinto, en plena natureza.

Xa para rematar e para lembrar esta saída, os nosos alumnos puideron levar á súa casa unha pranta e un bolo de pan feito por eles mesmos.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *