Chegou o día das nosas Letras!

O pasado luns, 20 de maio, os máis pequenos celebramos o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Antonio Fraguas, figura que traballamos en tódalas clases.

Este luns quixemos facer unha festa moi especial, convertendo o noso patio nunha romaría tradicional, na que grazas a colaboración das nosas familias, os nenos e nenas puideron degustar produtos propios da nosa terra como queixo, marmelo, larpeiras, rosquillas, filloas, empanadas de todo tipo e pan de diversos lugares da nosa Comunidade Autónoma.

E como nunha romaría non podía faltar a música, neste caso acompañounos unha selección de pezas tradicionais que bailamos e gozamos tódolos nenos e nenas desta etapa xuntos, polo que esta festa serviu de marco para compartir xogos e diversión entre os nosos pequenos, ao tempo que lles transmitimos parte da nosa cultura.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *