Campionato de España de Voleibol

O noso equipo infantil federado de Voleibol participou no Campionato de España celebrado en Asturias do 28 de maio ó 1 de xuño; a experiencia foi enriquecedora para un grupo moi novo composto por tres xogadoras de 2º ESO, sete de 1º e dúas alevíns de 6º de Primaria que aínda así lograron estar entre os dezaseis mellores equipos da competición.

Parabéns!

Continue Reading

Trofeo Liceo La Paz de Voleibol

No pavillón do centro celebrouse a cuadraxésima terceira edición do Trofeo Liceo La Paz; evento no que participaron, ademais dos nosos, equipos do CV Zalaeta, CV Ourense, Xav Cambados e CV Ponferrada ós que agradecemos a súa entusiasta asistencia.

A intensa xornada rematou coa emocionante entrega de premios na que tódolas participantes recibiron unha medalla conmemorativa.

Continue Reading

Fase Zonal Xogade

O sábado rematou a Fase Zonal (comarcas de A Coruña, Ferrol e Bergantiños) da competición escolar Xogade. Dende decembro, 12 equipos con 105 participantes, representaron ó noso centro neste programa deportivo da Xunta de Galicia.

Os resultados finais foron notables; e moito máis a ilusión, a deportividade, o esforzo das nenas e nenos que cada fin de semana poñían a camiseta do Liceo La Paz. Benxamíns, alevíns e infantís defenderon con orgullo e satisfacción as nosas cores.

Parabéns!

Continue Reading

Alevíns, campioas galegas!

O domingo, en San Sadurniño, o noso equipo alevín de autonómica proclamouse campión galego da categoría, revalidando o título obtido a tempada anterior. A súa clasificación para o Campionato de España, tamén as infantís, supón un fito na historia do voleibol liceísta: xamais nun mesmo ano o Liceo La Paz participou en dous certames nacionais.

Parabéns!

Continue Reading