O sábado 27 de maio, en Noia, as nosas alevíns acadaron o Campionato Provincial Xogade da Xunta de Galicia; o equipo infantil mixto logrou a medalla de prata. Parabéns!
Fase Zonal da competición Xogade
O sábado rematou a Fase Zonal da competición de voleibol do programa Xogade da Xunta de Galicia.
Once equipos do Liceo, con màis de 80 participantes, interviron nela dende o pasado mes de novembro. Os pavillóns do Monte das Moas e do Liceo La Paz foron os recintos nos que se xogaron os partidos da derradeira xornada na que se entregaron os premios e medallas.
Parabéns!
Fase Final do Campionato Galego da FGVb
O noso equipo Benxamín de voleibol que participou na Fase Final do Campionato Galego da FGVb acadou a medalla de bronce. ¡Parabéns!
8M no volei
Campionato Galego Benxamín e da Copa Alevín
O pasado domingo celebrouse en Narón a primeira proba do Campionato Galego Benxamín e da Copa Alevín da FGVb, na que participaron seis equipos liceístas.