Fase Zonal da competición Xogade

O sábado rematou a Fase Zonal da competición de voleibol do programa Xogade da Xunta de Galicia.

Once equipos do Liceo, con màis de 80 participantes, interviron nela dende o pasado mes de novembro. Os pavillóns do Monte das Moas e do Liceo La Paz foron os recintos nos que se xogaron os partidos da derradeira xornada na que se entregaron os premios e medallas.

Parabéns!

Continue Reading

Campionato España Volei Praia

Por segundo ano consecutivo as nosas Cadetes de Volei Praia participaron no Campionato de España da especialidade que reúne ós 32 mellores conxuntos nacionais.

Esta edición celebróuse no areal de Ézaro, en Dumbría, e acadaron unha meritoria clasificación, tendo en conta a singularidade que como colexio implica enfrontarse ós clubes máis importantes de España.

Parabéns a Inés, Paula, Patricia, Ana e Andrea!

Continue Reading