Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro, o alumnado de 3º da ESO realizou varias actividades para render homenaxe a unha das figuras máis destacadas da literatura galega: Rosalía de Castro.

Para conmemorar esta data, os estudantes elaboraron un videopoema, usando a forza da palabra poética. Deron nova vida aos versos da autora, achegándolles á obra de Rosalía dunha maneira creativa e actual, fomentando ao mesmo tempo a expresión artística, o traballo en equipo e o valor do noso patrimonio literario.

Ademais, a decoración do centro enchiuse de fragmentos da escritora, que acompañaron durante estes días a vida diaria do colexio e nos lembraron a vixencia e a singularidade da súa obra.

Dúas actividades que permitiron achegar o alumnado á figura de Rosalía, fomentando a expresión artística, o traballo en equipo e o valor do noso patrimonio literario.

Nos seguintes vídeos podedes desfrutar do traballo dos nosos nenos e nenas:

Seguir leyendo

Casting Intercentros 2026

El festival Intercentros, uno de los más importantes eventos solidarios del año escolar en A Coruña, vuelve este año con más música y danza.

Nuestro centro participa en todas las categorías, y para la modalidad de canción abre inscripciones para el casting donde seleccionaremos a nuestros representantes.

Si estudias en el colegio, y te gusta el mundo de la interpretación y el canto, esta es tu oportunidad para vivir una experiencia única. Apúntate y se nuestro representante! El casting tendrá lugar en el colegio el día 12 de febrero.

Enlace para inscribirse e info aquí

 

Seguir leyendo

Coma os primeiros humanos…

Neste mes de decembro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO recibiron a visita de tres arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, que compartiron cos rapaces e rapazas os seus coñecementos.

Na materia de Xeografía e Historia, dedicamos todo o mes ao estudo da Prehistoria, e grazas a esta visita, os estudantes puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos utilizados naquela época e incluso intentar facer lume cun arco. ¡Que difícil resultou! O vento e a choiva non axudaron e tivemos que poñernos a cuberto para rematar o taller. Aínda así, ninguén conseguiu que cearamos quentes esa noite…

Tamén nos achegamos ás clases dos máis pequenos do cole para contarlles como viviamos naquela época. Non perderon ningún detalle! E demostráronnos que eles xa sabían moito da prehistoria, pois tiñan a súa propia cova na aula e cantáronnos unha canción preciosa sobre un dos nosos contemporáneos.

Seguir leyendo

Percusión corporal

El alumnado de Música de 4º de ESO realizó recientemente una interpretación de percusión corporal basada en la propuesta didáctica de Mr. Noe sobre la canción Old Town Road. El vídeo resultante constituye un ejemplo destacable de trabajo coordinado y de aplicación práctica de los contenidos musicales abordados en el aula.

La ejecución demuestra precisión rítmica, buena sincronización grupal y una correcta asimilación de las dinámicas propias de la percusión corporal. Cada estudiante contribuye de manera equilibrada al conjunto, evidenciando tanto compromiso individual como cohesión colectiva.

Además de ser una actividad divertida, este proyecto pone de manifiesto la importancia de la educación artística en el aula: fomenta la concentración, el trabajo cooperativo y la expresión corporal.

¡Enhorabuena a todos por este magnífico trabajo musical!

Seguir leyendo

Paladós en Educación Física

El alumnado de 3º ESO de Educación Física ha creado y se ha divertido con el Paladós. Dentro de la unidad de autoconstrucción de materiales, fijaos qué diseños nos han llegado.

El Paladós es mucho más que un material deportivo creado en clase: es una oportunidad para que el alumnado explore su creatividad, ponga en práctica su ingenio y descubra que el aprendizaje también puede construirse con sus propias manos. Al diseñar y elaborar su propio material, nuestros estudiantes desarrollan habilidades motrices y fortalecen el trabajo en equipo, la autonomía y la capacidad de transformar ideas en objetos reales.

Seguir leyendo

O Pequeno Picasso

O 21 de outubro, o noso centro tivo o pracer de recibir a Candela Battiato, codirectora do documental O pequeno Picasso, con Carmen Ferreiro. A actividade celebrouse no salón de actos, onde o alumnado de 1º de ESO puido gozar desta proxección tan especial e descubrir unha etapa pouco coñecida da vida do xenial artista Pablo Picasso.

Os protagonistas do documental —Álex, Valeria, Daniel, Rubén, Ovidio, Carlota e Sara — tamén estiveron presentes e desfrutaron da experiencia en primeira fila, revivindo así algúns dos momentos que formaron parte da rodaxe.

O pequeno Picasso é unha produción audiovisual asociada á Universidade da Coruña, que percorre a etapa coruñesa do artista, entre 1891 e 1895. Durante estes catro anos na cidade, Picasso viviu moitas das súas primeiras veces: o seu primeiro amor, o primeiro contacto coa guerra, o primeiro mecenas, os primeiros amigos e tamén o primeiro encontro coa morte.

O documental combina recreacións históricas, entrevistas a expertos como Rubén Ventureira, Antón Castro e Malén Gual, así como documentos de arquivo e planos actuais da cidade e do Museo de Belas Artes da Coruña. Todo isto narrado a través de dúas voces: a dun Picasso xa adulto que lembra a súa infancia, e outra voz en off que guía o relato.

A través desta actividade, o alumnado tivo a oportunidade de achegarse á figura de Picasso dende unha perspectiva diferente: a dun neno que soñaba con ser artista e que atopou na Coruña o primeiro escenario da súa inspiración.

Sen dúbida, unha xornada enriquecedora que deixou aos nosos estudantes fascinados coa historia do “pequeno Picasso”.

Seguir leyendo