O 21 de outubro, o noso centro tivo o pracer de recibir a Candela Battiato, codirectora do documental O pequeno Picasso, con Carmen Ferreiro. A actividade celebrouse no salón de actos, onde o alumnado de 1º de ESO puido gozar desta proxección tan especial e descubrir unha etapa pouco coñecida da vida do xenial artista Pablo Picasso.
Os protagonistas do documental —Álex, Valeria, Daniel, Rubén, Ovidio, Carlota e Sara — tamén estiveron presentes e desfrutaron da experiencia en primeira fila, revivindo así algúns dos momentos que formaron parte da rodaxe.
O pequeno Picasso é unha produción audiovisual asociada á Universidade da Coruña, que percorre a etapa coruñesa do …