Orgullosos dos nosos equipos femeninos de hockey

O hockey é un deporte moi importante no noso centro, xa que somos a cuna do club máis laureado de Galicia. Así o viven moitos dos nosos rapaces e rapazas, que dominan patíns, stick e pelota con paixón, entrega e un orgullo que se percibe en cada adestramento e en cada partido.

Como froito dese traballo constante, celebramos os éxitos dos nosos equipos femininos que, nas últimas semanas, sumaron importantes vitorias e acadaron grandes resultados nas súas competicións.

Un final de tempada para enmarcar que enche de orgullo a toda a comunidade educativa: as nosas alevíns proclamáronse campioas, mentres que os equipos infantil e xuvenil acadaron o subcampionato. Unha mostra de que o esforzo, a constancia e o amor por este deporte sempre teñen recompensa. Máis alá dos títulos, queda o exemplo de compañeirismo, superación e paixón polo hockey que transmiten en cada momento sobre a pista.

Parabéns, campioas!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *