Nunha emocionante e educativa iniciativa, os estudiantes de 3º y 4º de ESO están explorando estas semanas o complexo mundo da política e o proceso electoral directamente dende as súas aulas. A asignatura de Xeografía e Historia convertiuse nun espazo para a aprendizaxe práctica, onde cada clase traballou na creación dun partido político, os seus propios programas e candidatos para as eleccións simuladas.
Cada partido das clases de 3º elaborou un detallado programa con oito propostas para a Lei de Educación (coa axuda do Departamento de Galego), deseñou o seu logo distintivo (co Departamento de Plástica) e seleccionou ós seus candidatos, ademáis de nomear un portavoz que representaría os seus ideais. Pero a actividade non rematou ahí: os alumnos e alumnas de 4º realizaron un censo electoral, prepararon as cartas para os membros das mesas electorais. Todo o proceso electoral levouse a cabo coa seriedade e a emoción dunhas eleccións reais.
Esta experiencia permite ós nosos estudiantes mergullarse de cheo na política, comprendendo o valor da participación democrática e os desafíos do proceso electoral. O día 5 de decembro os nosos corredoiros encheránse de papeletas, urnas e moita emoción. Non esquezades o DNI para votar!
Tutora de 1º de ESO, Profesora de Xeografía e Historia.