Aprendemos sobre a prehistoria

Neste mes de decembro recibimos a visita de 3 arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro para compartir coñecementos cos alumnos e alumnas de 1º de ESO. Na asignatura de Xeografía e Historia adicamos todo o mes ao estudo da Prehistoria, e grazas á visita destes especialistas, puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos que se utilizaban nese período da historia e intentar facer lume cun arco. Que difícil! O aire que facía non axudaba, e menos mal que a choiva deunos marxe para rematar o taller!

Posteriormente, os alumnos de 1º ESO, seguindo as instruccións das profes de Plástica e Xeografía e Historia, tiveron como reto pintar coma no Paleolítico. Utilizando carboncillo e pintura de dedos, e seguindo modelos da época, pintaron símbolos, siluetas de mans, animais, escenas de caza…

Os resultados foron excelentes e, á volta das vacacións prepararemos a nosa famosa cova.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *