Entroido 2023 no Liceo

O Entroido chega, un ano máis, para encher os nosos pasillos de cores, sorrisos, disfraces, sombreiros, gafas e moita, moita diversión. É unha festa para a que non hai idade, por iso non só os alumnos e alumnas danlle voltas ó armario para vir disfrazados, os mestres e persoal do Centro tamén se animan coa celebración.

O xoves, os máis pequenos, os de Infantil, celebraron a súa festa coas familias, no tradicional desfile de Entroido no pavillón. E o venres todo o colexio convertiuse nunha gran festa: os maiores de ESO celebraron a súa festa pola mañá nas clases e corredoiras, e no pavillón gracias ós alumnos do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva; os de Primaria bailaron e cantaron no patio, no ximnasio e no pavillón, e remataron a festa tomando un chocolate quente.

Deixámosvos unha mostra do que viviron para que desfrutedes da orixinalidade dos disfraces e vos contaxiedes da alegría que estos días supoñen para eles.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *