Diego Parada, finalista no Inspiraciencia

O noso alumno de 1º de Bacharelato, Diego Parada Burés, co seu relato «As Cores», resultou finalista da modalidade «Galego Joven» na X edición de Inspiraciencia, o certame de relatos breves de inspiración científica promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas a través da súa Delegación en Cataluña, e que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Esta iniciativa busca relacionar ciencia e escritura, pensar e imaxinar a ciencia dende a ficción.

O acto de entrega de premios tivo lugar en formato virtual dende a Residencia de Investigadores de Barcelona o pasado venres 13 de novembro.

Nesta ligazón, na opción …

Continue Reading