O noso alumnado de 4º de Infantil celebrou durante estes días a chegada do Samaín. Aprendemos cancións e as bailamos, contamos contos, decoramos a aula e realizamos un obradoiro con material de reciclaxe: unha pantasma con envases de iogures das merendas. Esta última actividade está incorporada dentro do marco do noso proxecto de Voz Natura.
O principal obxetivo de Voz Natura deste curso é a erradicación dos plásticos de tódolos ecosistemas. Os equipos deberán realizar actividades orientadas a reducir a producción e consumo de plásticos, buscando alternativas máis sostible e respetuosas co medio ambiente. Unha temática coa que Voz Natura quérese sumar ó imparable movemento a nivel mundial …