Os nosos alumnos e alumnas de 1° e 2° de Primaria elaboraron esta semana un Maio dentro do Proxecto Voz Natura de este ano.
Foi un día especial, no que as flores encheron dende pola mañá a nosa escola de cores, aromas e alegría. Todos os nenos e nenas trouxeron as súas flores con moita ilusión e traballaron en equipo na realización desta actividade.
Aquí tedes unha pequena mostra de como se organizaron.
Ao finalizar a tarefa reunimos a todos os nenos e nenas para cantar xuntos arredor do Maio.
«Os nenos do Liceo estamos aquí
cantándolle a este maio
qué é coma un xardín.
Rematamos este curso
do 50 Aniversario
para o ano voltaremos
e otro maio cantaremos.»
O resultado non podía ser mellor. Todos cantaron, traballaron xuntos, divertíronse e lograron elaborar un precioso Maio.
Queremos aproveitar para agradecer a colaboración das familias enviando as fermosas flores que serviron para adornar o noso Maio.
Coordinadora de 1º de Educación Primaria