Proxecto Voz Natura – O Maio

Os nosos alumnos e alumnas de 1° e 2° de Primaria elaboraron esta semana un Maio dentro do Proxecto Voz Natura de este ano.

Foi un día especial, no que as flores encheron dende pola mañá a nosa escola de cores, aromas e alegría. Todos os nenos e nenas trouxeron as súas flores con moita ilusión e traballaron en equipo na realización desta actividade.

Aquí tedes unha pequena mostra de como se organizaron.

Ao finalizar a tarefa reunimos a todos os nenos e nenas para cantar xuntos arredor do Maio.

«Os nenos do Liceo estamos aquí
cantándolle a este maio
qué é coma un xardín.
Rematamos este curso
do 50 Aniversario
para o ano voltaremos
e otro maio cantaremos.»

O resultado non podía ser mellor.  Todos cantaron, traballaron xuntos, divertíronse e lograron elaborar un precioso Maio.

Queremos aproveitar para agradecer a colaboración das familias enviando as fermosas flores que serviron para adornar o noso Maio.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *