Trofeo Liceo La Paz de Voleibol

No pavillón do centro celebrouse a cuadraxésima terceira edición do Trofeo Liceo La Paz; evento no que participaron, ademais dos nosos, equipos do CV Zalaeta, CV Ourense, Xav Cambados e CV Ponferrada ós que agradecemos a súa entusiasta asistencia.

A intensa xornada rematou coa emocionante entrega de premios na que tódolas participantes recibiron unha medalla conmemorativa.

Continue Reading

Fase Zonal Xogade

O sábado rematou a Fase Zonal (comarcas de A Coruña, Ferrol e Bergantiños) da competición escolar Xogade. Dende decembro, 12 equipos con 105 participantes, representaron ó noso centro neste programa deportivo da Xunta de Galicia.

Os resultados finais foron notables; e moito máis a ilusión, a deportividade, o esforzo das nenas e nenos que cada fin de semana poñían a camiseta do Liceo La Paz. Benxamíns, alevíns e infantís defenderon con orgullo e satisfacción as nosas cores.

Parabéns!

Continue Reading

Alevíns, campioas galegas!

O domingo, en San Sadurniño, o noso equipo alevín de autonómica proclamouse campión galego da categoría, revalidando o título obtido a tempada anterior. A súa clasificación para o Campionato de España, tamén as infantís, supón un fito na historia do voleibol liceísta: xamais nun mesmo ano o Liceo La Paz participou en dous certames nacionais.

Parabéns!

Continue Reading