O pasado mes de decembro tivemos a visita de 3 arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro para compartir coñecementos cos alumnos e alumnas de 1º de ESO. Na asignatura de Xeografía e Historia dedicamos todo o mes ao estudo da Prehistoria, e gracias á visita puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos que se utilizaban nese período da historia e intentar facer lume cun arco. Qué difícil!
«Creo que morreríamos de fame e frío. Faltábanos paciencia e práctica. Se non nos demostrase un dos arqueólogos que era posible, non sei se o creeriamos».
Foi un día diferente, e repartiron unha entrada gratuita para que foramos …