En 5º de Infantil, para celebrar o Samaín, decoramos as aulas con esqueletos e pantasmas, os nenos e nenas viñeron disfrazados con complemetos relacionados con esta festa, como gorros de bruxas, cornos de demos, diademas de morcegos, capuchas de Frankenstein…
Ademáis, levaron a cabo un taller de creatividade, no que fixeron unha araña plasmando con pintura de dedos a suas propias mans.
Tamén, e grazas a colaboración das familias, tiveron unha merenda terrorífica, na que comeron momias de sándwich, ollos de chocolate, arañas de galletas ou pantasmas de queixo.
Foi unha semana de medo!