O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Esta data foi elexida para homenaxear a publicación do primeiro exemplar da obra “Cantares Galegos”, de Rosalía de Castro. A raíz disto, cada ano a Real Academia Galega elixe un autor diferente que destaca pola súa creación literaria en galego.
Este ano 2020, o elixido foi Ricardo Carballo Calero, con obras como “Cantigas de amor e outros poemas”, “Xente de Barreira” ou “Sete poemas galegos”, entre outros.
Como actividade para conmemorar este día, as mestras de 6º de Educación Infantil elaboramos un vídeo no que recitamos o poema “A fala”, …