O 15 de maio pola mañá celebrouse o II Festival das Letras Galegas, o acto estrela dentro da celebración da Semana das Letras Galegas 2024. No festival participaron alumnos dos catro cursos de ESO e algúns de 1º de Bacharelato.
Durante máis de hora e media de espectáculo, que iniciou e rematou co himno galego acompañado da música propiciada por instrumentos como trompeta, baixo, violín e piano; os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, como público asistente, escoitaron a recitación de poemas de Luísa Villalta, Rosalía de Castro e a letra dunha canción do grupo Ulex, unha actuación do Mago Luis, que soubo meterse á …