O Entroido chega, un ano máis, para encher os nosos pasillos de cores, sorrisos, disfraces, sombreiros, gafas e moita, moita diversión. É unha festa para a que non hai idade, por iso non só os alumnos e alumnas danlle voltas ó armario para vir disfrazados, os mestres e persoal do Centro tamén se animan coa celebración.
O xoves, os máis pequenos, os de Infantil, celebraron a súa festa coas familias, no tradicional desfile de Entroido no pavillón. E o venres todo o colexio convertiuse nunha gran festa: os maiores de ESO celebraron a súa festa pola mañá nas clases e corredoiras, e no pavillón gracias ós alumnos do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva; os de Primaria bailaron e cantaron no patio, no ximnasio e no pavillón, e remataron a festa tomando un chocolate quente.
Deixámosvos unha mostra do que viviron para que desfrutedes da orixinalidade dos disfraces e vos contaxiedes da alegría que estos días supoñen para eles.