O Samaín en 4º de Infantil

O noso alumnado de 4º de Infantil celebrou durante estes días a chegada do Samaín. Aprendemos cancións e as bailamos, contamos contos, decoramos a aula e realizamos un obradoiro con material de reciclaxe: unha pantasma con envases de iogures das merendas.  Esta última actividade está incorporada dentro do marco do noso proxecto de Voz Natura.

O principal obxetivo de Voz Natura deste curso é a erradicación dos plásticos de tódolos ecosistemas. Os equipos deberán realizar actividades orientadas a reducir a producción e consumo de plásticos, buscando alternativas máis sostible e respetuosas co medio ambiente. Unha temática coa que Voz Natura quérese sumar ó imparable movemento  a nivel mundial para combatir os efectos perxudiciais  dos plásticos na natureza.

Desde 4º de Infantil concienciámonos durante todo o curso para a reducción de plásticos e para o aproveitamento dos residuos de plástico que xeramos no noso día a día.

Moito Maxín, no Samaín;
é hora de contar historias de medo e fuxir!
Moito maxín,  hai no Samaín,
é hora de contar historias de medo e botar a rir!

(Estrofa da canción “No Samaín” de Brinca Vai)

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *