Un ano máis, dende a Asociación de Xermanistas de Galicia, convídannos a participar neste Concurso de cómic en lingua alemá que xa celebra a súa cuarta edición.
Velaquí tedes as bases:
1/ Participantes e categorías: O concurso vai dirixido a alumnado de ESO que curse alemán en centros de ensino reglado que imparten esta lingua en Galicia, tanto do ámbito público (IES, CPI, EOI) como privado. Establécense dúas categorías:
- 1º e 2º curso de ESO
3º e 4º curso de ESO
2/ Obra: Seleccionarase por cada categoría un traballo que pode ser individual ou en parellas, onde as persoas participantes presentarán un cómic orixinal inédito.
3/ Tema e técnica: O traballo será de tema libre, se ben o eixe central estará relacionado coa cultura dos países de fala alemá e redactado en lingua alemá, en formato DinA3 por unha soa cara, en branco e negro ou cor, de técnica libre e cun mínimo de 6 viñetas ou 60 palabras.
Non se aceptarán obras que fomenten a discriminación por razón de nacemento, raza, xénero, sexo, relixión, violencia, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, nin a presenza de marcas comerciais de ningún tipo no contido.
A organización reserva o dereito de non admitir a concurso as obras que non cumpran as condicións técnicas, artísticas ou legais esixidas nas presentes Bases.
4/ Xurado: Estará composto pola Xunta Directiva da AGX, salvo no caso de conflito de intereses.
5/ Recepción de propostas: Admitiranse traballos en formato dixital enviados ao enderezo de correo electrónico da Asociación Galega de Xermanistas infoagx@gmail.com
Solicítase o envío coa seguinte información:
- Título da obra, nomes dos participantes, idade e centro de estudos, correo electrónico do profesorado encargado ou persoa coordinadora da actividade.
- Imaxe escaneada en formato JPG, cun peso máximo de 150 kb.
O prazo de entrega finaliza o 28 de febreiro de 2025. As bases completas do concurso están neste Documento.
Jefa del Departamento de Alemán
Coordinadora del Departamento de Alemán de ESID Liceo
Tutora de 1º de ESO