Neste mes de decembro recibimos a visita de 3 arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro para compartir coñecementos sobre a prehistoria cos alumnos e alumnas de 1º de ESO.
Na asignatura de Xeografía e Historia adicamos todo o mes ao estudo deste periodo da historia, e grazas á visita destes especialistas, puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos, ferramentas e utensilios que utilizaban os nosos antepasados. Pola tarde os nosos alumnos aprenderon a facer lume por fricción, como antigamente, pero necesitan un pouco máis de práctica!
Noutra sesión, aprenderon a pintar coma na prehistoria, representando imaxes de caza, vida cotiá e natureza. Máis tarde montamos a …