III Xornada de Superheroínas e Superheroes

Un ano máis o alumnado de 1º y 2º de Primaria participou na III Xornada de Superheroínas e Superheroes organizada pola Fundación La nineta dels Ulls, baixo o lema: E ti, que superpoder tes?

O obxectivo desta iniciativa é seguir traballando o respecto e a tolerancia cara a diferenza, así como a aceptación e o recoñecemento das propias capacidades persoais, reivindicando que todos os nenos, nenas e adolescentes poidan ser unha superheroína ou un superheroe.

Esta iniciativa tamén pretende darlle visibilidade ao retinoblastoma, o cancro ocular máis frecuente en nenos/as menores de 6 anos, coa misión de potenciar a súa investigación para mellorar a calidade de vida dos/as pacientes e das súas familias.

Hoxe, Día da Infancia, aproveitamos para compartir con todos vós un vídeo que tódolos nenos, coa colaboración das súas familias, e os titores de 1º e 2º  preparaon durante a semana pasada. Ademáis de traballar estes valores tan importantes e axudar cunha boa causa, pasámolo en grande!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *