Voz Natura: O Cabalo Galego

Voz Natura é un programa de educación ambiental e este ano cumpre 25 anos.

Tódolos meses hai un Eco-Reto a conseguir polos centros participantes, e o mes de novembro tratábase de Investigar a Fauna e a Flora en Galicia.

En 5º de Educación Infantil investigamos o cabalo de pura raza galega. Estudamos como é, como se diferencia dos outros cabalos, onde vive, que come, como coidalo e protexelo. Resultou unha investigación moi interesante para os nenos e nenas que descoñecían a existencia deste tipo de cabalos.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *