O noso alumnado de 4º de Infantil celebrou durante estes días a chegada do Samaín. Aprendemos cancións e as bailamos, contamos contos, decoramos a aula e realizamos un obradoiro con material de reciclaxe: unha pantasma con envases de iogures das merendas. Esta última actividade está incorporada dentro do marco do noso proxecto de Voz Natura.
O principal obxetivo de Voz Natura deste curso é a erradicación dos plásticos de tódolos ecosistemas. Os equipos deberán realizar actividades orientadas a reducir a producción e consumo de plásticos, buscando alternativas máis sostible e respetuosas co medio ambiente. Unha temática coa que Voz Natura quérese sumar ó imparable movemento a nivel mundial para combatir os efectos perxudiciais dos plásticos na natureza.
Desde 4º de Infantil concienciámonos durante todo o curso para a reducción de plásticos e para o aproveitamento dos residuos de plástico que xeramos no noso día a día.
Moito Maxín, no Samaín;
é hora de contar historias de medo e fuxir!
Moito maxín, hai no Samaín,
é hora de contar historias de medo e botar a rir!
(Estrofa da canción “No Samaín” de Brinca Vai)
Tutora y Coordinadora de 4º de Educación Infantil