Como xa vén sendo habitual no mes de decembro, o alumnado de 4º de ESO (acompañado polas profesoras dos Departamentos de Lingua Castelá e de Lingua Galega), visitaron a sede da Real Academia Galega e a Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán.
Na primeira parte da visita, aprenderon un pouco sobre a historia da institución e os seus cometidos; na segunda parte percorreron as distintas dependencias da casa museo e coñeceron un pouco diversos aspectos da vida e obra da escritora e a súa importancia no contexto do Realismo e Naturalismo en España.
Profesor de Lingua Galega en ESO e Bacharelato