Este ano en Ciencias da Natureza, os alumnos de terceiro de Primaria estudamos as funcións vitais.
Quixemos que os nenos viran a función de reprodución con ovos de galiñas e nos animamos a probar sorte.
O 7 de maio acendemos a incubadora e colocamos os ovos coa parte estreita cara arriba, coa temperatura e a humidade axeitadas.
O 16 de maio démoslles a volta aos ovos deixando a parte ancha do ovo cara arriba.
O 25 de maio sacamos a incubadora do volteador, retiramos os separadores e abrimos o respiradoiro.
O 28 de maio… MILAGRE!
Todos os nenos e mestres toleábamos de alegría cos nosos pitiños.
Vivimos unha experiencia incrible!
Coordinadora de 2º de Educación Primaria