Os nosos pitiños…

Este ano en Ciencias da Natureza, os alumnos de terceiro de Primaria estudamos as funcións vitais.

Quixemos que os nenos viran a función de reprodución con ovos de galiñas e nos animamos a probar sorte.

O 7 de maio acendemos a incubadora e colocamos os ovos coa parte estreita cara arriba, coa temperatura e a humidade axeitadas.

O 16 de maio démoslles a volta aos ovos deixando a parte ancha do ovo cara arriba. 

O 25 de maio sacamos a incubadora do volteador, retiramos os separadores e abrimos o respiradoiro.

O 28 de maio… MILAGRE!

Todos os nenos e mestres toleábamos de alegría cos nosos pitiños.

Vivimos unha experiencia incrible!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *