A semana pasada competiron os alumnos da ESO e esta fin de semana (venres 2 e sábado 3 de marzo) foi o turno do alumnado de Bacharelato nesta edición de Parlamento Xove 2018: María Gracia Blanco Freiría, Javier Garea Becerra, Uxía Otero Antelo e Olalla Corral Abad.
Durante unha xornada intensa de moitísimo debate, volve cobrar protagonismo a cuestión “A educación ambiental nos centros educativos, ¿significaría evitar incendios como os acaecidos en outubro de 2017 en Galicia?”
Despois de enfrontarnos a diversos Centros (IES Becerreá, IES Laxeiro de Lugo, Lasalle de Santiago), non conseguimos pasar á fase final, pero si acadamos unha boa puntuación e vivimos unha magnífica experiencia.
Profesor de Lingua Galega en ESO e Bacharelato