Que é a literatura? Ten utilidade práctica inmediata? Que pretende un escritor cando escribe? E que pretende encontrar un lector nunha obra literaria? Estas e outras reflexións planteou o autor de obras como O lapis do carpinteiro, Que me queres, amor ou As voces baixas aos nosos estudantes de 1º de Bachillerato nun encontro que durou dúas horas.
As voces baixas é unha obra na que xoga un papel importante a memoria, a partir do «primeiro medo» do autor. Na novela preséntase unha serie de lembranzas do autor (lembranzas de infancia e de xuventude) que están protagonizada por aquelas «voces baixas» de persoas que foron importantes na súa vida e que ninguén coñece.
Profesor de Lingua Galega en ESO e Bacharelato